Guizos
Nunca gustei dos paraísos, dos superlativos, dos veráns e dos entusiasmos. Son desmesuras tediosas e case sempre efémeras axeitadas para xentes festeiras das que Delfos avisou hai séculos: Todas as cousas na súa medida. Desde hai anos, tampouco me debruzo nos espellos. Acepto a súa inapelable sentencia mais… ¿por que asañarse cun mesmo? Das multitudes e das viaxes que agora conviven de maneira case obrigada, nin sei nin se me espera. Sigo o consello de Cioran: Xamais estar de acordo coas multitudes aínda que teñan razón. Ademais de xentes achegadas e familiares, os únicos seres vivos cos que hoxe convivo son os libros. Os gregos, Cervantes e Shakespeare, son vellos coñecidos moi visitados e tamén me acollo en Cunqueiro e Otero Pedrayo entre os do país. Canetti tiña razón: A miña patria é a miña biblioteca. Os nomes propios hai tempo que foxen de min aínda que, é Borges quen o dicía, a miña memoria vaise parecendo ao esquecemento pero aínda atopa o que se lle encarga
Sobre el autor: Santiago Lamas naceu en Pontevedra.
Foi psiquiatra.
Vive en Ourense.
É autor entre outros títulos de:
Imarginaciones. La Región (1990). (En castelán)
Galicia Borrosa. Edicións do Castro. 2004.
Ferrín e outras historias. Edicións do Castro. 2007.
Fíos e lecturas. El Cercano Ediciones. 2011.
Fisterras atlánticas. Galaxia. 2012.
Teimas e retallos. El Cercano Ediciones. 2015.
Lisboa e o mal. El Cercano Ediciones. 2017.
De vivos, vellos e mortos . l Cercano Ediciones. 2019.
Sei Lá. El Cercano Ediciones. 2022.
Con Alfonso Mato: De camiños, viaxeiros e camiñantes. Galaxia 2016. Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2015.
Con José María Pérez Álvarez: Dos x uno. El Cercano Ediciones.2014.
Foi Premio Fernández del Riego de xornalismo en 2008.