Leo nos xornais que o novo alcalde de Compostela vai discriminar positivamente a todos aqueles negocios que rotulen os seus locais en galego. Sen dúbida é unha solución menos inxusta ca catalana onde se multa a todos aqueles negocios que non empreguen o catalán para anunciar os seus locais, pero nos dous casos, non deixa de ser unha intromisión en asuntos que deberían deixarse en mans dos propietarios por moito que nos poidan alporizar certas modas rotulantes, que as hai, e de abondo. Por exemplo: en apenas 100 metrosno centro de Ourense atopamos: TrendKids, Krack, Touch, Sy&Co, Burguer King, Tecnic Phone, Sport, Image Center, UnittedColors of Beneton, Multimedia School, Clarks, Vila Clothes, Mid Season, Young Free and Raw, Star, Abraldes Shoesé o mellor, un dealerautorizhedinstalado na rúa Santo Domingo. Algúns,son nomes de multinacionais pero aínda así…Ademais,segundo o tempo, Halloween, BlackFriday, MerryChristmas, ShopingNight… Non queda aí a cousa. Oulet, por saldos, remates, oportunidades,crowfoundnig, por financiación colectiva, trendingtopic por temas destacados, selfie por autoretrato,ouautofoto, emailpor correo electrónico (ou e-milio), showcooking por cociña en vivo ou demostración culinaria, workshop por obradoiro…
No chamado Casco Histórico, onde non é posible atopar unha porta ou unha parede que non estea emporcada por un grafiti(tag) e o lixo ponse a carón das pedras da catedralsen que ao parecer, importe a ningunha autoridade, é onde campan os nomes galegos como si de xeito máis ou menos inconsciente o galego fose cousa “histórica” e o inglés que inza nas rúas do centro a modernidade: Porta da Aira, A Baiuca, O Bacelo, O Furancho, O Acubillo, Acio, O Frade, Miudiño, Tixola, Mata-lo Bicho,Orellas…Semella que mercamos roupas e zapatos en “inglés” pero beber un viño ou xantar son cousas que facemos en “galego”. As “copas” son outro asunto pois non é o mesmo “ir de viños” que “ir de copas” e nas copas volve o inglés. Non estou moi seguro de que uns grolos de viño tivesen o mesmo sabor se os bebéramos en TheCluster, (O Acio),TheFriar, (O Frade) ou na OctopusHouse pero …
A Praza do Ferro semella ser a fronteira entre o inglés e o galego. Non se atopa case ningún nome comercial galego se un camiña cara o parque de San Lázaro e moi poucos cando se fai cara á catedral.Ningún idioma é puro. Todos teñen préstamos doutras linguas e o inglés é dos que máis ten. Sajones, anglos, jutos, frisones e daneses, deixaron as súas pegadas na lingua. Poucas foron as célticas pero latinas, a eito. Street non e máis que a vella palabra latina, strata, wall,o wallumlatino (muro), cheese o caesum, kitchen a coquina(cocina) e para que falar dos préstamos do francés que dende a chegada do anglo normando Guillermo O Conquistador en 1066 mantívose case douscentos anos como lingua da corte.Butcher, joiner,carpenter, mason, painter e tailor son palabras francesas entre outras moitas. O inglés acolleu todo o que non tiña pero … ¿Que sentido ten empregar palabras inglesas cando hai palabras de abondo en galego ou castelán para nomear(case) todo o que se nomea en inglés?.¿Merrychristmas?… O galego de Ourense ten unha palabra para iso: badoquismo.
PD: Tal como loce o casco histórico mellor era chamalo “casco das pintadas” (e o resto de Ourense por aí anda).
O Velho do Restelo
1 comentario en “INGLÉS”
Coma sempre moi agudo nas observación en que case ninguén cae na conta a forza de velas e amoldarse anestesicámente a elas. Totalmente de acordo.