Fecha/Hora
06/02/2025
20:00 - 21:00
cancións pop-rock, con toques funkie e indie, en galego,
Francisco Castro Trío trae a elcercano su música pop-rock, con toques funkie e indie, con un concerto en formato acústico e íntimo no que, ademais, Francisco Castro presentará oito novas cancións. O concerto chámase “Música en voz baixa”.
Logo de máis dun ano xirando por Galicia coa súa banda presentando os temas do seu primeiro disco titulado “Agora é o tempo”, achégase a Ourense en formato acústico, na compaña dun baixista (Federico Welicki) e un percusionista (Paulo Silva) no que, ademais de ofrecer o seu repertorio máis coñecido, estreará oito novos temas que naceron durante este ano de intenso traballo nos escenarios.
Co formato trío, Francisco Castro pretende ofrecer unha experiencia cercana e íntima co público, diferente ao habitual dos grandes escenarios en auditorios, teatros ou ao aire libre. O músico poderá comunicarse así directamente cun público que vai estar sentado practicamente á súa beira en íntima complicidade.