“Adeus ás armas”

Fecha/Hora
09/02/2023
19:00 - 20:00


Presentación “Adeus ás armas: Que foi do Pacifismo?”

OBenComún analiza na súa nova publicación o estado do movemento pola Paz

febreiro de 2023

Adeus ás armas: Que foi do Pacifismo? aborda as presenzas e ausencias do movemento polas Paz nun momento de crecente confrontación e carreira armamentista. A invasión de Ucraína, a diferenza da invasión de Iraq, non ten xerado unha forte mobilización na rúa. Se durante a guerra de Iraq  foi a cidadanía global quen protestou pola mesma, nesta guerra de Ucraína existen silencios incomprensibles. De aí o titulo do libro “Que foi do pacifismo?”.

Trátase dunha obra coral na que participan 21 autores/as que pola súa traxectoria desde a investigación, a educación ou o activismo pola Paz, son referenciais en Galicia e en España, Portugal e Colombia.

Federico Mayor Zaragoza, Jordi Armadans, Manuel Barbeitos, Ana  Barrero, José Antonio Binaburu, Irene Comins, Manuel Dios, Jonan Fernández, Lourenzo F. Prieto, Tica Font, Emilio Grandío, Rafael Grasa, Xoán Hermida, Joám L. Facal, Carmen Magallón, Karen Marón, Manuela Mesa, María Oianguren, Pere Ortega, José Manuel Pureza, Guillermo Solarte.

Adeus ás armas: Que foi do Pacifismo? é o sexto titulo publicado polo foro de renovación política OBenComún. A coordinación do mesmo correu a cargo de  Manuel Dios Diz. O libro esta prologado por Federico Mayor Zaragoza.

Presentación en Ourense: xoves 9 de febreiro ás 19,00 horas no EL CERCANO (coa colaboración de Libraría Tanco) . Intervirán: Anxeles Faraldo, Marosa Gómez e Manuel Dios.

O libro poderá adquirirse en diferentes librarías ou poderase solicitar no correo obencomun@obencomun.gal terá como punto de venda en Ourense na Libraría Tanco .

Deja una respuesta

Scroll al inicio