MEDIOS E METAS (Queiruga)
Hai anos, o sociólogo americano Robert K. Merton, clasificou as posibles alternativas que se poden dar cando enfrontamos medios e fines, en cinco tipos: conformismo, ritualismo, retraemento, innovación e rebelión: Metas-Medios en Conformismo + +, Ritualismo – +, Retraemento – -, Innovación + -, Rebelión +/- +/-. Toda sociedade propón unhas metas lexítimas, económicas, artísticas, políticas, etc. e uns medios axeitados para chegar a elas. Hai conformismo cando hai aceptación tanto das metas como dos medios.