
Ken Caldeira, discriminador do amor (Por Carmen Torres)
Esta noite, despois de apagar o ordenador tras unha a longa e aburrida xornada de traballo, debruceime na fiestra para respirar o aire da noite. Nestes tempos é frecuente ver homes e mulleres rebuscando nos colectores do lixo, valéndose dun longo pauferro. Hoxe apareceu un home cun abrigo gris e un elegante chapeu de feltro, armado co habitual pau. Vexo como vai sacando restos de lixo do colector: unha camiseta do Celta sucia,