Ourense: La Apenas de Galicia
Un repetido lugar común chama a Ourense polas súas glorias culturais pasadas, a Atenas de Galicia. Pode que merecera esa comparanza en tempos dos NÓS, pero hoxe sería máis axeitado e xusto chamala, a Apenas de Galicia. Abondan as razóns. No Ourense de hoxe, apenas hai traballo, apenas hai inversións, apenas hai industrias, apenas hai mocidade, apenas hai comercio, apenas hai turismo, apenas hai líderes, apenas hai nacementos e en fin, apenas hai futuro.