Ahora… que pasa o que pasa e estamos como estamos
O pasado venres, 14 de outubro de 2016, saíu o último número, o 55, do semanario Ahora, un xornal de formato xigantesco para as medidas estándar da prensa española. Tan grandes eran que cada número incluía información sobre o xeito máis apropiado de dobralo para lelo mellor. Mais non só era grande polo seu formato, senón tamén por algúns dos seus contidos e polo afán que movía a empresa dirixida por Miguel Ángel