Santiago Lamas, Lisboa e o mal. Notas. Ourense: El Cercano, 2017.
Dous temas que desafían a nosa capacidade de comprensión Os títulos dos libros de Santiago Lamas son case sempre un tanto enganosos respecto ao seu contido ―xa dixen noutra ocasión que os seus escritos non son fáciles de titular. Ocorre tamén en Lisboa e o mal (Ourense: El Cercano, 2017), o seu último libro, no que Lamas ofrece baixo un mesmo título dous ensaios distintos: o primeiro, dedicado ao mal, e o segundo,