De prosmas e parvos. Un novo artigo do Doktor Pseudonimus
Un dos pequenos praceres que sempre busco na prensa é a lectura daqueles articulistas que son do meu agrado polo que contan e por como o contan, e máis cando poñen en cuestión as miñas ideas con bos e poderosos argumentos. Dos galegos que escribiron en castelán nos xornais, o meu favorito foi e aínda é Cunqueiro, un clásico que non deixo de reler a miúdo e que continua marabillándome e roubándome sorrisos.