O abafador
Boa parte das novas sobre as miserias cotiás, económicas e sociais, que padecen as persoas con poucos recursos hoxe en día seinas por boca da miña irmá, médico no centro de saúde dunha vila ourensá próxima á capital. Fai un cacho contábame o caso dunha velliña de 92 anos, que vive soa e ten como único sustento económico unha paga de 400 euros, da que ten que substraer todos os meses 200 euros para pagar