Apuntes vellos camiño do aninovo
Detractores Non foron poucos os escritores que no XIX e nos comezos do XX rexeitaron da chamada Modernidade, aínda que tiraran proveito das non poucas vantaxes políticas e sociais que trouxo respecto ao Antigo Réximen. Tamén pasa agora cos detractores do capitalismo ou da democracia liberal. Eu mesmo, na miña longa mocidade rebelde, fun un deles e mesmo nunca deixei de ler a algúns destes detractores ou aos conservadores críticos coa Modernidade, en