Os galegos que se animan a facer o Camiño de Santiago, unha vez que lle teñan dado a aperta ó Zebedeo, qué tal colega, e antes de seguir obrigada rota a Fisterra a ver cómo o sol se pon nos precipicios do imperio, en Manhattan, recoméndolles que volvan cara atrás nos seus pasos, de novo hacia a Porta do Camiño, e entren en San Domingos de Bonaval. Si isto non fixeran os pelegrinos galegos de corpo e alma, a sua Compostela quedará incompleta e manca, porque é en San Domingos onde se atopan os outros dous santos galegos ós que hai que ir rezarlle: Castelao e Rosalía. Santos tan verdadeiros, ou mais, que o que monta a cabalo e mata mouros, ou que ise Apolo que se afunde no mar cada solpor dende hai tanto tempo. Eu non quero caer na blasfemia, non quero ter nada que ver con esas cousas de curas resabiados e de druidas melenudos. Non é o meu propósito escandalizar a ninguha alma pía das que meten as maus nas arcas da auga bendita. Libéreme deus de tal intención. Si Rouco non estivese tan ocupado nas cousas do espíritu, é decir nas cousas espirituosas, xa fai tempo que debería ter proposto a Roma a beatificación de Castelao e de Rosalía. A min non me cabe dúbida ningunha de que o tribunal que os examinara tería que rematar por elevalos a unha peaña nos altares. Si monseñor Escrivá ou o Papa Wojtyla acadaron esa honra na corte celestial, qué non farán estos dous nosos santiños. E que me perdoen iles por polos en tan insólita compaña, Santa Compaña. Non coñezo ningún santo en potencia que acade tal grao de consagración entre laicos, rezadores, mexapías de esquerdas, de dereitas, porteiros e dianteiros centro. Todos pelexan por ser os que mais lles rezan, e as veces parece que loitaran sañudamente para repartirse unhas migas das suas reliquias coma Xelmírez polas de San Fructuoso, a pesares de que a maioría destos devotos non foron quén de consultar nin unha páxina da sua haxiografía.
Deixando a Rosalía nese momento eternal en que intercede de xeonllos polo descarriado Curros, nese estado límbico entre o Ceo e o Purgatorio, vou contribuir ca miña humilde aportación para que se considere a posibilidade da beatificación oficial de Castelao. Si tal ocurrise eu volvería á sé da nosa Nai Igrexa; volvería creer nela, e retornaría a rezar outra vez, ca mesma e inocente fe que tiña cando era rapaz. Sería a conversión dun ateo por intercesión do novo beato. Si eso non é un milagre que llo pregunten a miña nai, que sempre se está queixando das miñas apostasías. Para abondar nos méritos de Castelao hai que ter en conta que, ademais de bó, foi mártir. Que se saiba nunca fixo dano a ninguén, e así a todo tivo que fuxir deste país porque senón sería irremisiblemente pasado polas armas. E morreu lonxe da sua casa, da sua terra, da sua xente, cheo de tristura. Si eso non é ser mártir, que veña deus e o vexa. Pero xa o milagre que daría un pulo definitivo á sua causa, é o que se está a producir co retorno a Galicia do seu cadro “A derradeira lección do mestre”: soio un milagre poido facer que a pintura, que representa o asesinato dun mestre con nome e apelidos, sexa considerado unha alegoría do Triunfo da Educación sobre a Barbarie, como si de unha pintura mitolóxica de Poussin se tratase. E soio un milagre poido acadar que os herdeiros sentimentais de aqueles que mandaron ó exilio ó autor, perdan o cú ( dispensando) por aparecer nas fotos en compañía desa obra. Non me parece que faga falla nada mais para darlle ó beato Daniel un aprobado, como mínimo, e que xa lle poidamos ir rezar sin termos que esconder dos ortodoxos, que inda nos poderían denunciar ante o tribunal da Santa Inquisición, esa que foi nomeada santa por unha mera cuestión estatística: a de contribuir a encher de almas o Ceo contra a vontade das propias almas.