Así rezaban os primeiros versos do refrán das Meditaciones de Severino el Sordo, unha canción de José Antonio Labordeta, dos anos setenta, que describía con graza e ironía a fuxida das xentes dos pobos sen recursos nin futuro de Aragón. Pero se traio a colación os citados versos non é para falar do vello e grave problema do despoboamento, que agora acadou tanta relevancia nos medios e na política. O meu conto é máis lixeiro. Lembro que, daquela, os da cuadrilla da vila empregabamos os versos de Labordeta con ironía para acompañar os grolos de cervexa e viño cos que tratabamos de mitigar a calor abafante dos veráns no Ribeiro e, de paso, esquecernos durante un cacho desas crises existenciais propias da mocidade e dos tempos modernos (si, tamén, como os mozos irados e rebeldes que eramos, soñabamos camiñar -en Ribadavia!- polo lado salvaxe da vida da man da Velvet, Lou Reed, Bowie ou Patti Smith). Tampouco había moito máis que facer fóra da casa (as festas non eran o noso): pasear polas noites de arriba a abaixo esbardallando do divino e o humano e de cando en vez subir a bañarse as pozas de Melón, que non tiñan nin de lonxe a concorrencia actual. E é que… moito cambiaron os veráns.
Agora o verán é unha estación de multitudes e ruído, de turismo de masas e diversión. A cantidade de actividades recreativas e culturais que ofertan concellos, deputacións, Xunta, universidades, asociacións, entidades privadas ou empresas ligadas á industria cultural ou turística é moi numerosa e variada, e desde fai anos non deixa de crecer. Semella que o que cantaba Moustaki nos 70, como filosofía de vida preguiceira, «temos todo o tempo para divertirnos / temos toda a morte para descansar», acadou un éxito social maioritario, polo menos en canto ás posibilidades de diversión. Xa fai seis anos, Rafael Sánchez Ferlosio, nunha entrevista de Arcadi Espada en El Mundo (02/08/2016), mostrábase moi cabreado e desolado pola deriva do asunto: «Y luego… ¡Es que no suprimen nada…! Ni una vuelta ciclista. Todo pasa arrollando. Sobre todo las diversiones, que hay una infinidad, más que nunca. Todo es diversión. El ocio es lo único». A verdade, non creo que o panorama vaia cambiar, e menos logo de dous anos de restricións a causa da pandemia. Ademais, o traballo non abunda e non son poucas as persoas que viven do turismo e do mundo recreativo e cultural. Desde logo, os que gustan deste tipo de actividades teñen onde escoller. E os que non, aínda que rexouben polo baixo, seguro que se apañan ben. Eu tratarei de mollar a tripa na compaña dos amigos ou mirando ao mar. Teño falta de horizonte. Que gocen do verán.
Alfonso Mato
1 comentario en “Arremójate la tripa que ya viene la calor”
Si me preparo físicamente, todavía espero subir un día al Monte Ventoux, con un libro de Agustín en el bolsillo derecho y otro de Petrarca en el bolsillo izquierdo. “Vita Cartesii simplicissima est”, recordaba Valéry en Monsieur Teste. La mía es abrumadoramente más simple.
San Agustín escribió alrededor del año 400 “Los hombres viajan para maravillarse de las gigantes olas del mar, de la altura de las montañas, del curso de los ríos y del movimiento de las estrellas; pero nunca viajan al interior de sí mismos para conocerse”. Flaubert dijo “El movimiento es deletéreo”, Baudeliare declaró “Descreo de las líneas en movimiento”.
No haré fotos con un palo selfie. No me tostaré en la playa como una gamba vuelta y vuelta. Lectura y un buen “arròs a banda”, caminatas con mi perra por los bosques de la aldea. “Conserver l´esprit libre”, y poco (o nada) más.
Feliz verano a todos.