Un dos pequenos praceres que sempre busco na prensa é a lectura daqueles articulistas que son do meu agrado polo que contan e por como o contan, e máis cando poñen en cuestión as miñas ideas con bos e poderosos argumentos. Dos galegos que escribiron en castelán nos xornais, o meu favorito foi e aínda é Cunqueiro, un clásico que non deixo de reler a miúdo e que continua marabillándome e roubándome sorrisos. Tamén gocei e gozo con outro ilustre histórico do xornalismo, Julio Camba. Dos vivos, sen dúbida, quédome co doutor Manuel Sánchez Salorio, que exerce desde fai anos nas páxinas de La Voz de Galicia. Certo que, nos últimos tempos, con menor asiduidade e semella que con trato un tanto desaborido por parte do xornal. De feito, o seu libro La lección del sábado, unha recompilación de artigos publicados en La Voz, tivo que editalo a pequena e afouta editorial ourensá El cercano, e o último artigo, publicado este sábado no xornal coruñés e que hoxe reproduzo aquí, só apareceu na edición en papel e nunha páxina e lugar, digamos, pouco apropiados. Os tempos son os que son e a prensa está como está.
Déixolles co artigo de Salorio, unha reivindicación da conversa e un aviso contra prosmas e parvos. Por certo, non se tomen ao pé da letra o de que para gozar dunha boa conversa hai que ser espíritos cultos e libres. Chega con saber escoitar e falar, e ter algo que dicir. En canto ás prosmas femininas, parece que hoxe xa comezan a facer acto de presencia. Iso si, aínda son moitas menos que os prosmas masculinos porque ata fai pouco, mesmo nas democracias, o poder e a palabra pública foi cousa case exclusiva dos varóns.
Noticia y aviso contra los pelmas
Suele decirse que solo vive una vida plena y personal aquel que tiene algo que hacer, algo en que creer y algo que esperar. Es cierto, pero deberíamos añadir algo más. Algo que decir, algo que escuchar. Conversar. Pocos placeres pueden igualar al de participar en una conversación entre espíritus cultos y libres. Y muy especialmente cuando aquellos que conversan son capaces de aderezar sus palabras con una punta de esa sal que es el humor. Una terapia contra el aburrimiento y la soledad. Una situación difícil de conseguir y que siempre vive con una amenaza. Esa amenaza consiste en la llegada de un «pelma». Porque pelma es aquel que, con solo su presencia, es capaz de robarte la soledad sin ofrecerte la compañía. Pelma y pelmazo son voces modernas usadas por primera vez en el reino de Sevilla. «Vamos a la tertulia y dejemos a esos pelmas», escribe Ramón de la Cruz a finales del siglo XVIII. Significando «hombre tardo y pesado». Y siempre como masculino. Algo que no parece ser casual o caprichoso. Todavía hoy hay más «pelmos» que pelmas.
El dardo de un sabio
Nos lo dice Lázaro Carreter en El dardo en la palabra. Sé humilde. Deja que solo innoven aquellos que saben. Si eres mentecato no por decir «relax, prioritario, tema o en base a» dejarás de serlo.
-Doktor Pseudonimus [Manuel Sánchez Salorio], El zaguán del sábado, La Voz de Galicia, 21/08/2021-