Pues sí, lo reconozco, era todo escepticismo ante la publicación del artículo que sigue y que fue anunciado en mi muro de facebook por Alfonso Monxardín. De hecho, le respondí “a ver si es posible”, y no solo ha sido posible sino que sale el nombre de elcercano en él. Pero explico mi escepticismo: por un lado, por el contencioso de los hijos de mi tío Pepe contra La Región por preservar el espíritu del libro con el título de “Del Ourense Perdurable”, que La Región no respetó aunque ganó e los Juzgados; y por otro lado, porque es la primera vez en años en que el nombre de elcercano sale publicado en este periódico, por razones que no vienen al caso.
El caso es que merece la pena el artículo por lo que tiene de reconocimiento público de alguien sobre una persona que le dio a Ourense mucho más de lo que Ourense le devolvió. De ahí que lo transcribamos literalmente, declarando explícitamente que está sacado de La Región, no vaya a ser que alguien se confunda con los derechos de autoría.
Aprovecho la ocasión para invitar a todos aquellos que quieran honrar la memoria de este artista con nosotros el día 5 de abril, fecha de su centenario, a venir a elcercano a las doce del mediodía, donde nos reuniremos de forma amistosa y nada oficialista.
El artículo de Monxardín, a continuación:
Pepe Conde Corbal, Grande
Pasei pola porta de El Cercano e vin un cartel anunciando unha homenaxe a Pepe Conde Corbal con motivo do centenario do nacemento, o día 5 de abril próximo. (Morreu en 1999, en Vilagarcía). E nada máis xusto e merecido que esta homenaxe que parte da familia -Moncho, é, como saben, seu sobriño, fillo do seu único irmán, médico, Manuel- pero nunha cidade amadora da cultura como noutrora esta foi, sería homenaxe magna, confluencia de institucións públicas e privadas e das ducias e ducias de persoas que o coñeceron -e compraron obra- mentres viviu en Ourense.
Non son amigo da expresión “débeda histórica” porque na historia pasou o que pasou e volver obsesivamente sobre o que xa foi non abre futuro. Pero o que si estamos a tempo con Pepe Conde Corbal é evocalo e revisitar a súa obra como forma de homenaxe viva e reparadora. O caso é que Conde Corbal, sen ser, por cuestión cronolóxica, da Xeración Nós, tampouco o era dos “artistiñas”, máis novos eles. Pero, sen dúbida, foi o pintor contemporáneo máis achegado aos seus dous últimos e principais representantes, Risco e Otero, por amizade e pola dedicación dos seus pinceis ao retrato vindicador das esencias da Terra. E achegadísimo tamén ao no noso íntimo colectivo, polas 42 paisaxes urbanas de Ourense publicadas en La Región -onde chegou da man de Ricardo Outeriño- que con pés de Vicente Risco publicou ao longo de 1960 e que haberían de dar lugar a un dos libros máis fermosos da nosa historia, Del Orense perdurable (1961), con presentación de Otero e notas finais de Ferro. Foi reeditado, máis ben recreado, en 1981, con debuxos actualizados do autor, de 1977, e publicado pola Deputación Provincial, cando a Risco se lle dedicou o Día da Letras. Ou polo libro Del Orense monumental (1964), con 52 debuxos de espazos arquitectónicos da provincia, froito da estreita colaboración que mantivo con Ferro Couselo nos inicios dos sesenta e que aparece ben recollida nunha entrevista que lle fixo Xulio Fernández Senra e publicada no nº2 de Raigame, (1996); en PDF na rede.
Entre outras moitas cousas que gardan relación entre el e a cidade na que fixo a primeira exposición, en 1959, está a imprescindible serie dedicada aos homes da Xeración Nós presentada no Ateneo de Ourense, en 1975 con motivo do 25 aniversario da morte de Castelao. Este cartelismo anovador, expresionista, en branco e negro, cunha técnica de traballo directo sobre o acetato para a impresión, fixo que aquela imaxes icónicas tiveran moitísima difusión e mesmo gozasen dun posto destacado na exposición de “Nós a nós” que se organizou en 2020. En fin, o seus traballos de paisaxes de Pontevedra, de dornas, de pazos, de flora e fauna, da obra de Valle Inclán, os carteis de promoción turística provincial, as acuarelas de tema urbano ou mariñeiro, os retratos de persoeiros, fixeron del un dos nosos artistas máis prolíficos, recoñecidos e recoñecibles e un exemplo de humanidade e compromiso. O testemuño da súa amizade con Risco está nas fotos entre fume de tabaco da tertulia do Hotel Parque, nos retratos que lle fixo, e na serie fotográfica del acompañando o cadaleito do amigo polas costas de Allariz.
E permítanme que finalice con dous óleos e unha felicitación: O óleo dos amigos ourensáns, compañeiros de xeración e deste xornal que poden admirar no piso superior da Casa de María Andrea, e o óleo da saída do enterro de Otero Pedrayo cos amigos acubillados baixo o arco abucinado da Porta Norte da Catedral e que, dalgún xeito, significaría o peche de ciclo histórico. A felicitación para dona Margarita Escudero, a súa dona, que vive superlúcida en Vilagarcía onde acaba de cumprir cen anos, e que conserva na casa un riquísimo e ben organizado arquivo da súa produción.
Pepe Conde Corbal fíxose pintor entre nós, aquí tivo once fillos e deixou moitas e boas lembranzas; motivos sobros para honrarmos a súa memoria.