Esta noite, despois de apagar o ordenador tras unha a longa e aburrida xornada de
traballo, debruceime na fiestra para respirar o aire da noite.
Nestes tempos é frecuente ver homes e mulleres rebuscando nos colectores do lixo,
valéndose dun longo pauferro.
Hoxe apareceu un home cun abrigo gris e un elegante chapeu de
feltro, armado co habitual pau. Vexo como vai sacando restos de lixo do
colector: unha camiseta do Celta sucia, unha caixa
de galletas e un cartón de leite de marca branca que vai
apartando con delicadeza a un lado do colector. Logo, cun xesto de
xúbilo, similar ao dos nenos cando abren os regalos do Nadal, saca o talo
verde dun porro e un papel de seda vermello.
O espectáculo paréceme divertido, pero ábreseme a boca seguido co sono.
Metereime na cama, despois doturo día rutineiro -penso resignada.
Cando vou para o dormitorio morta de cansazo timbran abaixo. Uns segundos máis
tarde, abro a porta do apartamento e aparece no limiar o home do chapeu, que me
entrega a flor de seda e porro e alcánzame unha tarxeta de visita onde leo: “Ken
Caldeira, discriminador do amor”.