Freie Universität Berlin
Institut für Romanische Philologie
Seminar: 17 070 – PS (Landeskunde/ Galicisch)
Literatura galega e movementos sociais
Dozentin: Marta Estévez Grossi
1
Índice 1
1. Introdución 2
1.1. Migración e movementos sociais 2
2. Historia da migración 2
2.1. Migración no século XVIII 3
2.2. As ondas migratorias dende Galicia no século XX 4
2.2.1. A emigración cara Europa despois da Segunda Guerra Mundial 4
2.2.2. Cuba despois da emigración masiva 5
3. Factores e motivos da migración 5
3.1. Novas tecnoloxías da navegación 5
3.2. Factores e motivos politicos 5
3.3. As “cadeas migratorias“ 6
4. O “asociacionismo“ galego en Cuba 6
4.1. As sociedades galegas 6
4.2. Asociacións galegas en Cuba 7
5. Presenza de Galicia en Cuba 7
5.1. Presenza da identidade galega en Cuba 7
5.1.1. Símbolos da identidade: a bandeira e o himno galego 8
5.2. Presenza da lingua galega en Cuba 8
5.3. A presenza da literatura galega en Cuba 9
5.4. Persoeiros 9
5.4.1. José Fontenla Leal 9
5.4.2. Waldo Álvarez Insua 10
5.4.3. Manuel Lugrís Freire 10
5.4.4. Manuel Curros Enríquez 10
5.4.5. Alfonso Daniel Castelao 10
5.5. Periódicos e revistas galegas en Cuba 10
6. Reflexión 11
7. Conclusión 12
8. Bibliografía 13
8.1. Fontes páxinas web 13
8.2 Páxinas web 14
2
1. Introdución
A lingua é unha expresión esencial da cultura humana e acompáñanos tamén na migración. O
presente traballo pretende ensinar a migración vista como movemento social e sobre todo o
labor cultural e social que lograron os emigrantes galegos en Cuba nos últimos séculos, que
tamén tivo unha influencia en Galicia. Un dos exemplos destacados é a creación da Real
Academia Galega que xunto a outros símbolos galegos, como a bandeira e o himno galego
naceron na Habana. Outra intención é reflexionar sobre a migración xa que pode ser unha
oportunidade de conservar, difundir e desenvolver a lingua de orixe no país acolledor. En
Cuba puido desenvolverse a literatura galega e tamén foi posible o ensino da lingua galega
lonxe de Galicia e lonxe da represión do franquismo.
*O tema da muller galega na migración cara a Cuba, que sen dubida é un tema de moita importancia, non o
tratei neste traballo xa que o espazo limitado deste traballo non o permite.
*O uso do masculino xenérico deste traballo débese considerar como inclusivo de ambos xéneros
1.1. Migración e movementos sociais
Os movementos sociais entendidos -nun sentido estrito- están caracterizados por un obxectivo
político e por unha tendencia social, mentres que os movementos migratorios poden ser
considerados como movementos sociais nun sentido máis amplo. Nos movementos
migratorios exprésanse problemas, desequilibrios e tensións sociais que buscan unha
solución. Con movementos migratorios e o desprazamento de multitudes de persoas do seu
país de orixe a lingua é o máis importante como medio de comunicación. Coa migración a
lingua esténdese, difúndese, inflúe e tamén se modifica. As pegadas da lingua galega pódense
observar da mellor forma nos medios escritos como revistas, periódicos, libros, novelas e
ademais no mundo de traballo. As pegadas máis impresionantes e visibles do galego en Cuba
móstranse nunha multitude periódicos (Neira Vilas, J., 1985: 31-99). O escritor Neira Vilas
mostra nunha entrevista co escritor cubano Imeldo Álvarez tamén a relación existente entre o
uso do galego e a opción política.
“hablar en gallego es asumir una posición no burguesa; es rechazar una concepción enajenante,
deshumanizante”. Entonces, escribir en gallego equivale a estar del lado del pueblo, de las clases
oprimidas, y equivale, claro, a renunciar a las potenciales ventajas de la más amplia difusión en
castellano. La mayoría de los que adoptamos esta solidaria postura, lingüística, completamos nuestro
compromiso en el orden temático, dando testimonio de esa opresión… Claro, cada quien a su modo,
según su formación ideológica y sus criterios estéticos” (Alvarez , I.,:1976). [1]
2. Historia da migración
A historia esta caracterizada por grandes movementos de persoas. Os exemplos máis
coñecidos son a invasión dos Bárbaros que rematou co Imperio Romano e a onda migratoria
3
dos séculos XIX e XX cara ao Novo Mundo. Así, entre 1830 e 1930 máis de 50 millóns de
europeos abandonaron os seus países con destino ao Novo Mundo.
A cifra dos emigrantes galegos estímase en 2,5 millóns, é dicir, case a cifra dos
habitantes actuais de Galicia. A cuantificación do fluxo migratorio segue sendo un problema
pola falta de estatísticas precisas e a falta de datos oficiais. Pero existen estimacións fiables de
R. Rowland (1988) quen afirma que na segunda metade do século XVIII xa emigraron dende
Galicia o 16,6 % dos varóns nas idades de 16 – 49 (Rodríguez Galdo, M. X., 1993: 39). E as
estimacións da migración galega no século XX é de máis do 45% do continxente español cara
Cuba.
“Para poder calcular o continxente aproximado de galegos que optaron polo destino cubano só existen as
estadísticas oficiais españolas sobre migración publicadas a partir de 1911 e mais as da década 1885-
1895, que indicaban a referencia rexional dos pasaxeiros. Con estas dúas series púidose reconstruír de
maneira aproximada a cifra de galegos que emprenderon o traxecto migratorio cara a Cuba. Segundo
estes cálculos, arredor duns 378.000 galegos emigraron á Grande Antilla no século XX, o que supón algo
máis do 45% do continxente español que puxo rumbo á illa” (Vidal Rodriguez, J.A., 2008: 25).
2.1. Migración no século XVIII
A historia galega mostra unha larga tradición migratoria xa no século XVIII onde
predominaba a migración intrapeninsular sobre todo cara a Castela e Portugal. Esta numerosa
emigración foi un síntoma dunha poboación campesiña oprimida que tiña que buscar ingresos
complementarios por todos os medios (Rodríguez Galdo, M.X., 1993: 69). Así o deputado
coruñés e escritor ilustrado Francisco Somoza de Monsoriú escribiu en 1775:
“Los gallegos siempre trasmigrarán a Portugal y Castilla, ínterin que su tierra no les proporcione
interés para vivir, y sostenerse. Con el dinero que conducen los que se devuelven a su Patria, satisfacen
al rey sus tributos, pagan las pensiones de sus casas, y cortas tierras, visten las mujeres e hijos, y tal vez
acometen en los montes algún trabajo que los mejora” (Somoza de Monsoriú, F., 1775: 13 e 40).
Coas expedicións colonizadoras que impulsou a Coroa Española co obxectivo de poboar os
territorios con familias galegas entre 1778-1784 xa comezou unha corrente emigratoria cara a
América (Rodríguez Galdo, M. X. 1993: 25). Dende o Antigo Réxime, a saída dos galegos da
súa terra foi aumentando continuamente. Pese a que as estadísticas dos pasaxeiros pola mar
non son moi fiables, permiten unha aproximación e segundo as cifras o 30 % da emigración
española foi emigración galega. Tras a primeira Guerra Mundial esta proporción dos galegos
aumentou ao 50 %. É dicir, que nas décadas durante e posteriores á Guerra Civil española o
40 % de españois que emigraron a América Latina eran naturais de Galicia (Rodríguez Galdo,
M. X., 1993: 45).
4
2.2. As ondas migratorias dende Galicia no século XX
Houbo varias ondas migratorias de Galicia cara a Latinoamérica nos séculos XIX e XX. Entre
os anos 1836 e 1960 saíron dende Galicia sobre 2 millóns de persoas e de 1870 ata 1930
rexistrouse a migración máis elevada de Galicia cara Cuba. Despois da primeira guerra pola
independencia, a “Guerra dos Dez Anos” tamén chamada a Guerra Grande, encabezada por
Carlos Manuel de Céspedes (1868 – 1878) as autoridades coloniais españolas tiñan gran
interese político en facilitar e aumentar a emigración cara Cuba co motivo de “branquear a
poboación e buscar un equilibrio étnico. Tiñan medo a que se producise unha revolta de
escravos, como ocorrera en Haití” (Neira Vilas, X., 2000: 119).
Os fluxos migratorios galegos cara Cuba foron os máis numerosos das saídas dende
España á illa dende finais do século XIX ata a Revolución de 1959. Entre 1900 e 1960 foron
arredor de 400.000 galegos que emigraron a illa (Vidal Rodríguez, J.A., 2008: 16). Despois
da Revolución Cubana foi Venezuela o país que máis galegos recibiu seguido da Arxentina e
Brasil. Esta emigración masiva foi motivada pola diferenza de oportunidades entre unha
Europa superpoboada cun excedente de man de obra campesiña e os territorios como Cuba,
que necesitaban man de obra cualificada para a súa expansión económica. Esta dobre
necesidade en as dúas beiras do Atlántico produciu un cambio da política migratoria (Eiras
Roel, A. 1998: 71) [2] (135-137).
2.2.1. A emigración cara Europa despois da Segunda Guerra Mundial
A partir da década dos 60 do século XX, a corrente migratoria galega dirixiuse na gran
maioría cara os países europeos como Alemaña e Suíza. Entre 1964 e 1973 preto de 200.000
galegos emigraron a Europa. Calduch Cervera, R. (Profesor de Relacións Internacionais da
Universidade Complutense de Madrid) resume que a revolución tecnolóxica, os medios de
transporte co auxe da aviación e as súas enormes posibilidades demostradas durante o
bloqueo de Berlín, e as telecomunicacións foron substituíndo a mobilidade da man de obra
pola dos bens e os capitais.
“Es el escenario en el las migraciones españoles se dirigiran a los paises más desarollados del entorno
europeo, para regresar unas décadas más tarde en el seno de la economía española. Se cierre asi un
ciclo social y económico que se abrió hace cinco siglos con el descubrimiento de América” (Calduch
Cervera, R. 1998: 225-226).
Na década dos 80 as cifras migratorias de España e Galicia diminuíron da forma significativa
aínda que a integración española na Comunidade Europea facilitou o moverse por Europa. Os
últimos anos da crise financeira e económica (2008 ata agora) provocaron que a emigración
volvese a incrementarse tamén en Galicia.
5
2.2.2. Cuba despois da emigración masiva
“A emigración galega a Cuba … finou arredor 1930. Por tanto, os paisanos que residían na illa (uns 4.500
pouco máis ou menos) son oitoxenarios. na súa maioría. É a nosa emigración mais vella, e as asociacións
que alí existen intégranas e ríxenas maioritariamente fillos e netos de galegos. Por eso cando nos
referimos á fala viva, utilizada en comunidades de galegos emigrados aludimos (referimos) a un pasado
que foi esmorecendo por lei biolóxica” (Neira Vilas, X., 2000: 120).
En cambio despois de tantos anos existe unha simbiose cultural significativa entre Galicia e
Cuba. Por exemplo, o goberno galego enviou despois da visita do presidente da Xunta
Manuel Fraga no ano 1991 axudas económicas aos seus anciáns e paisanos necesitados. No
ano 2004 as asociacións galegas mostrábanse moi activas, tras unha longa etapa decadente
(Vidal Rodríguez 2008: 15-18).
3. Factores e motivos da migración
3.1. Novas tecnoloxías da navegación
Son diversos os factores que facilitaron e influíron a migración cara a América. O fácil acceso
dende os portos de Galicia para emprender a viaxe xogaron un papel moi importante. As
novas tecnoloxías do transporte transatlántico como a navegación a vapor permitían aloxar un
número elevado de pasaxeiros e a viaxe era máis rápida e segura. A partir dos anos 70 do
século XIX as novas e grandes compañías estranxeiras estableceron escalas regulares
transatlánticas nos portos galegos. O transporte entre as dúas beiras de Cuba e Galicia era
favorecido polos barcos de vapor que substituíron os anteriores buques de vela. Na época da
migración masiva do século XIX, entre 1860 e 1910, cruzaban case medio millón de galegos
o Atlántico con destino a Cuba, Arxentina e Brasil (Rodríguez Galdo, M. X., 1993: 48,
Stanková, Eva. 2006: 5, Vidal Rodríguez, J. A., 2006: 198).
3.2. Factores e motivos políticos
As intencións dos actores políticos ademais mostrábanse na lexislación contemporánea. Por
exemplo, as Órdenes Reales de 1834 e 1839 prohibiron a emigración aos países
latinoamericanos que conseguiran a independencia de España. Pretendíase dirixir a migración
ás colonias que aínda eran españolas, é dicir a Cuba y Porto Rico (Magariños, A., 1999: 181,
Vidal Rodríguez, J. A., 2005: 33). Nas décadas de 1910 y 1920 predominaban os motivos
políticos, xa que moitos rapaces quixeron evitar a participación na guerra de Marrocos.
Outros factores de “empuxe“ á emigración foron tamén a Guerra Civil Española así como a
época da posguerra (Rueda, G., 1998: 103). A maioría dos galegos que emigraron cara Cuba
eran rapaces antes do sorteo para o servizo militar. Así para moitos deles o motivo económico
foi acompañado co motivo de librarse do servizo militar (Vidal Rodríguez, J. A., 2005: 391).
6
3.3. As “Cadeas migratorias”
Os motivos para emigrar son múltiples e case sempre son combinados. Na maior parte adoitan
ser económicos, pero tamén existen razóns políticas, sociais, demográficas, relixiosas así
como estruturais e conxunturais. Ademais hai factores que motivan a saída do lugar de orixe e
ao mesmo tempo existe unha atracción do país receptor que anima ao emigrante e facilita a
emigración. Estes factores, coñecidos como “push” e “pull”, compleméntanse.
No caso de Galicia os minifundios impediron a modernización agraria e a existencia
dun sector industrial pouco desenvolvido, así como o crecemento demográfico, foron algúns
dos aspectos de empuxe cara o exterior. A atracción do país receptor consistía nas
expectativas de mellores condicións de traballo e de vida. Pero tamén a esperanza da
liberdade motivou a moita xente nova abandonar o seu país natal. Unha característica da
migración galega tamén foi que a decisión de emigrar non era unha decisión individual senón
familiar e autofinanciada pola familia. Así, moitos deles aproveitaban as chamadas “cadeas
migratorias”.
As “cadeas migratorias” segundo McDonald (McDonald, 1964: 82, Pedone, C., [3])
defínense coma transmisión de informacións e axuda económica de familiares, amigos o
paisanos ofrecido ós emigrantes para decidirse e posibilitar a viaxe ó estranxeiro. Así
facilítase o proceso de saída e chegada, conseguir documentación, vivenda e traballo. Estas
cadeas migratorias consistían en redes sociais de carácter familiar e de paisanaxe que
posibilitaban o financiamento e as informacións necesarias para os emigrantes. Por estas
cadeas tamén funcionaba o mecanismo da inserción laboral, que facilitaba a inserción nos
nichos laborais e empresariais. As cadeas migratorias uniron Galicia e Cuba case durante dous
séculos. Estes traxectos facilitaron o fluxo da información e comunicación así como o
intercambio cultural (Vidal Rodríguez, J.A, 2005: 22).
4. O “asociacionismo” galego en Cuba
A cifra dos emigrantes galegos que residían en Cuba foi aumentando sucesivamente e así
empezaron a formarse microsociedades e aparecen cada vez máis asociacións galegas,
benéficas e con carácter rexionalista.
4.1. As sociedades galegas
O historiador e antropólogo Vidal Rodríguez destaca no seu traballo o significado dos
colectivos de emigrantes para estabilizar a súa identidade.
“Un dos grandes retos de calquera colectivo inmigrante é tratar de compaxinar os seus propios
sinais de identidade cos do país de acollida. Nun primeiro momento os inmigrantes, situados no
país de recepción nun espazo multiétnico, tratan de marcar as súas fronteiras culturais coa
sociedade maior e coas demais colectividades por medio dun alarde dos seus trazos culturais
7
tradicionais, co fin de facerse visibles ante as demais. Unha vez marcadas as súas fronteiras
simbólicas e conseguida a visibilidade, emprenden a reinterpretación, a reconstrución ou mesmo
a <invención> da propia tradición na nova sociedade, na que tratan logo de se integrar desde un
denso tecido asociativo de carácter étnico que lles permite facerse fortes e influentes, así como
garantir a súa integración social, a súa formación, a súa saúde e ata o seu lecer, ademais de
procurase socorros e axudas mutuas” (Vidal Rodríguez, J.A., 2008: 16, 113).
4.2. Asociacións galegas en Cuba
As asociacións dos emigrantes desempeñaban un papel importante na adaptación e
integración á sociedade cubana. Eran asociacións de beneficencia que prestaban aos recen
chegados axuda e serviron de centros de instrución e de recreo, ademais organizaban a vida
social, económica e cultural. As máis coñecidas foron a “Beneficencia de Naturales de
Galicia” e o “Centro Galego da Habana”. Dentro do “Centro Galego” xurdiron múltiples
sociedades culturais, financeiras, sociais, políticas e deportivas.
“A acción destes dirixentes étnicos e das súas sociedades logrou inventar en terras cubanas os
principais sinais de identidade do movemento galeguista: da bandeira e o himno rexionais, así
como a regulación e a unificación da lingua autóctona por medio da Sociedad Iniciadora y
Protectora de la Academia de la Lengua Gallega” (Vidal Rodríguez, J.A., 2008: 18).
5. Presenza de Galicia en Cuba
5.1. Presenza da identidade galega en Cuba
O profesor de lingua galega Mariño Paz, R. comeza o seu libro Historia de Galicia e historia
da lingua galega:
“Aínda que esa sexa a súa evidente función inmediata, a lingua no é exclusivamente un magnífico
instrumento para la comunicación, senón tamén un dos máis patentes sinais de identidade individual e
colectiva dos seres humanos. O seu alto valor simbólico contribúe en moi alta medida a reforza-la
solidariedade entre as persoas que forman parte do grupo humano que a fala, tanto porque cimenta
internamente a súa cohesión e identificación como porque axuda a defini-la súa identidade fronte á dos
outros” (Mariño Paz, R., 1998: 13).
Este alto valor simbólico do idioma que menciona Mariño Paz demóstrase nos traballos de
Xosé Neira Vilas. El viviu 31 anos na Habana e dedicou unha gran parte da súa vida a estudar
diversos aspectos da migración galega en Cuba, sobre todo o aspecto da lingua galega na vida
cotiá. Moitos ditos, refráns, cancións e palabras galegas son empregados aínda polos fillos e
netos dos inmigrantes, as veces ata inconscientemente, sen pensar moitas veces na súa orixe.
O mesmo que ás veces pasa cos anglicismos. Así se van formando e transformando os
idiomas e sempre hai influencias.
“En Cuba, como veremos, a nosa lingua veu sendo en gran medida o medio expresivo natural das
comunidades galegas na cidade e no campo, na montaña e no mar, nos bateyes e nas minas. Alí ademais,
8
formáronse moitos emigrantes e chegaron a utilizar na prensa e no libro o idioma que na aldea orixinaria
fora a penas unha amorosa clave familiar e de veciños, de boca a orella, …” Neira Vilas, X., (1995: 7).
5.1.1. Símbolos de identidade: a bandeira e o himno galego
Nas primeiras décadas do século XX existían na Habana enormes actividades por parte da
poboación galega nos asuntos culturais. No ano 1904 izaron a primeira vez a bandeira galega
en Cuba e no ano 1907 a versión musicada do poema “Os Pinos” a composición de Eduardo
Pondal, que chegou a ser o himno galego, cantouse no Gran Teatro da Habana. Ademais
apareceron nesa época numerosas publicacións coa temática galega como importantes
semanarios “El Eco de Galicia” e “Galicia Moderna”. Este fenómeno explícao Del Rio
Iglesias de tal forma que a poboación do orixe galega nesta situación desexaba manter a súa
cultura como sinal de identidade (Del Rio Iglesias, M.I. 2000: 1026). Pero os acontecementos
políticos mundiais daquela época influíron na fala galega: “Con todo arredor de 1915, co paso
da antiga colonia española a neocolonia americana e o inicio da Primeira Grande Guerra o
movemento galeguista e a consecuente defensa e uso da nosa lingua galega diminúe” (Del Río
Iglesias, M. I., 2000: 1026).
5.2. Presenza da lingua galega en Cuba
“A obra máis acabada, a creación colectiva máis transcendente do pobo galego é a súa lingua,
que constitúe o signo máis definidor da nacionalidade” (Neira Vilas, X., 1995: 7).
Neira Vilas caracteriza o idioma galego en Cuba come “lingua viva” pois estivo moi
presente no século pasado na prensa cubana, na radio, no teatro, na música, no ensino e na
fala cotiá cubana. Ademais é impresionante a presenza da lingua galega en amplos campos de
traballos. Segundo mostran os censos cubanos, o campo laboral dos galegos era moi amplo.
Unha gran parte dos emigrantes galegos traballaban na industria azucreira, nos oficios
artesanais, nas brigadas das obras públicas así como na construción, nos transportes e no
servizo domestico. Tamén foron activos no sector primario como na explotación do bosque,
de carboeiros e madeiros, na minería e nos traballos do mar; outros preferiron traballar na
agricultura, así como no cultivo do café o das flores. Neira Vilas mostra exemplos duns
“cafetaleiros” galegos que tiñan unha empresa cafetaleira importante e cuxos seus
descendentes empregaban o galego con naturalidade, incluso nomearon a súa finca dende tres
décadas oficialmente “Galicia”.
En todos estes oficios que desempeñaron os emigrantes galegos, foron en moitos casos
os mestres da nova xeración cubana, e empregaban palabras galegas do seu vocabulario
profesional. Neira Vilas atopouse a finais dos anos 70 do século XX con pescadores e
mariñeiros galegos, a maioría xubilados, que viñeran á illa de rapaces. Estes rapaces na súa
xuventude viviron festas e na vida cotiá utilizaron a lingua galega, o sexa, a fala do seu país
9
de orixe (Neira Vilas, X., 1995: 11-16). Unha considerable influencia galega quedou ademais
na comida, nos xeitos da vida, nos modos de traballar o campo e o mar, así coma na música e
nas festas. Segundo Neira Vilas ten a lingua galega aínda hoxe unha certa presencia na vida
cotiá en Cuba así coma no teatro (Neira Vilas, X., 1995: 8-16 , Neira Vilas, X., 2000: 121 e
Vidal Rodríguez, J.A., 2008: 100).
Tamén nas minas do cobre de Matahambre viviron e traballaron moitos galegos, algúns
deles falaban cos seus fillos cubanos sempre galego. Ademais festexaban o 25 de xullo con
desfiles por toda zona da minería cantando cancións populares galegas aínda que moitos deles
sen saber moi ben o significado da festa (Neira Vilas, X., 1995: 11-16).
5.3. A presenza da literatura galega en Cuba
Cuba tivo unha certa atractividade tamén para os exiliados, poetas, xornalistas e outros
intelectuais como para “xente cunha xa madurecida vocación galega” como Curros Enríquez,
Ramón Cabanillas e moitos outros máis que aproveitaron a vivir o galeguismo e desenvolvelo
lonxe de Galicia tamén coa axuda da prensa (Neira Vilas, X., 1995: 7, Faro de Vigo.es ).
5.4. Persoeiros
Na illa de Cuba especialmente na Habana ofreceuse coma espazo cultural onde un gran
número de protagonistas políticos e intelectuais viviron a súa identidade galega. “La Habana
fue una de las cunas que permitió que el galeguismo se desarrosase, …” (Neira Vilas, X.,
2011) [4]. Moitos deles fixeron traballos esenciais para a cultura galega.
5.4.1 José Fontenla Leal
Había persoas como por exemplo José Fontenla Leal (*1865 Ferrol) que chegaron de rapaces
cos seus pais a Cuba que estudaron na Habana e tiñan gran interese na historia, xeografía,
lingua, artes ou tradicións que se relacionaban con Galicia. Fontenla Leal, por exemplo,
realizou a idea da fundación dunha Academia Galega como un centro de idioma e conseguiu
no ano 1905 con outros emigrantes a creación da Academia Galega. E tamén a primeira
directiva da “Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega” co presidente Manuel
Curros Enríquez. No mesmo ano establecéronse as relacións con Manuel Murguía debido á
instauración da Academia Galega na Coruña. Tamén foi Fontenla Leal o que fundou e dirixiu
en 1886 a “Revista de Galicia”. Así “naceu a Academia Galega en 1905 na Habana pola
iniciativa do emigrante Xose Fontela Leal” (Neira Vilas, X., 2000: 122, Del Río Iglesias, M.
I., 2000: 1025-1026).
10
5.4.2. Waldo Álvarez Insúa
Waldo Álvarez Insúa, que chegou á Habana no ano 1877 e con vinte anos fundou en 1878 “El
Eco de Galicia” que foi a primeira publicación periódica galega de América. A el debéselle a
iniciativa da creación do Centro Galego, fíxose avogado na Universidade da Habana e
ademais publicou en 1883 o libro “Aires da miña Terra”.
5.4.3. Manuel Lugrís Freire
No ano 1885 saíu o periódico mensual “A gaita gallega” que foi fundada e editada polos
emigrantes Manuel Lugrís e Ramón Armada Teixeiro. Neste periódico publícanse poesías,
narracións e comentarios sobre diversos temas destacando a historia galega. Importantes
colaboradores nesta revista galega foron tamén Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo
Pondal.
5.4.4. Manuel Curros Enríquez
O poeta Manuel Curros Enríquez “uno de los mas grandes poetas gallegos de todos los
tiempos” (Gonzalez Lopez, E., 1980: 737) é un dos tres principais representantes do
“Rexurdimento” da literatura galega. Curros Enríquez emigrou 1894 á Habana. Alí ademais
de exercer a presidencia da “Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega”, fundou
e rexeu o semanario “La tierra gallega” e despois o “Diario de la Marina”. Nos catorce anos
que residiu en Cuba dedicouse fundamentalmente ao xornalismo. Alí tamén respaldou o
movemento autonomista cubano. Isto produciu conflitos coa maioría dos galegos en Cuba, o
que o levaría a negarse a ingresar no hospital do Centro Galego de xeito que morreu en 1908
no hospital do Centro Asturiano en Cuba (Bermúdez, S., 2002: 332) [5].
5.4.5. Alfonso Daniel Castelao
Castelao, outro intelectual que foi político, escritor, pintor e médico que durante a súa
presenza entre 1938 e 1939 en Cuba escribiu, debuxou e deu mitins por toda a illa en galego.
Castelao estivo en Cuba dende finais de 1938 ata os primeiros meses 1939 (últimos meses da
Guerra Civil española). O galego tamén estivo presente no ámbito da protesta, como por
exemplo no mitin republicano do famoso intelectual Alfonso Daniel Castelao, considerado o
“pai do nacionalismo galego”, ou do líder sindical Manuel Porto Dapena (Neira Vilas, X.,
1995: 11-16).
5.5. Periódicos e revistas galegas en Cuba
Coa presenza da prensa en Cuba aparece o galego escrito “a fala aparece en letra“. Isto foi
moi significativo para os emigrantes xa que o galego escrito portaba ideas e sentimentos e
11
valorizaba a lingua galega. “…o único vencello espiritual coa terra de nacemento é a fala; o
máis sólido e auténtico, anque careza de prestixio social e teña sido, máis dunha vez, causa de
humillacións” (Neira Vilas, X., 1985: 16).
Antes de 1878 xa circulaban na Habana “Cantares gallegos” de Rosalía de Castro
gracias a Alexandre Chao o propietario da imprenta e papelería “La propaganda literaria”
así como outras obras que tamén foron ben acollidas dos galegos. A primeira publicación
galega foi o semanario La Gaita gallega da Habana que comezou a saír o 7 de xaneiro 1872
pero tivo curta duración dun mes. Pero en xullo de 1885 saíu na Habana o número inicial da
“A Gaita Gallega” con un nome similar, agora en galego, que foi a primeira publicación
periódica totalmente escrita en galego editada en América (Neira Vilas, X., 1985: 11- 16).
Entre os anos 1878 e os anos recentes publicáronse sobre unhas setenta revistas e
semanarios galegos 47 eran bilingües e 3 deles estaban escritos integramente en galego. A
máis coñecida “A Gaita Gallega“ no ano 1885 (Neira Vilas, X., 2000:121). A partir do ano
1885 despois da Morte de Rosalía de Castro citábanse máis poemas de “Cantares Galegos”.
Así como os poemas de Curros Enríquez (Neira Vilas, X. , 2000:121-122).
“Un dos grandes retos de calquera colectivo inmigrante é tratar de compaxinar os seus propios sinais de
identidade cos do país de acollida. Nun primeiro momento os inmigrantes, situados no país de recepción
nu espazo multiétnico, traten de marcar as súas fronteiras culturais coa sociedade maior e coas demais
colectividades por medio dun alarde dos seus trazos culturais tradicionais, co fin de facerse visibles ante
as demais. Unha vez marcadas as súas fronteiras simbólicas e conseguida a visibilidade, emprenden a
reinterpretación, a reconstrución ou mesmo a <invención> da propia tradición na nova sociedade, na que
tratan logo de se integrar desde un denso tecido asociativo de carácter étnico que lles permite facerse
fortes e influentes, así como garantir a súa integración social, a súa formación, a súa saúde e ata o seu
lecer, ademais de procurase socorros e axudas mutuas” (Vidal Rodríguez, J.A., 2008: 113).
6. Reflexión
A emigración, un tema tan presente, complexo e ambivalente, sobre todo nesta época da
globalización, pode ter aspectos positivos. O vivir fóra do país de orixe, fóra das fronteiras
xeográficas ou políticas, non significa obrigatoriamente a perda da lingua ou da cultura
propia. O emigrante leva a súa cultura a onde vai e así enriquece o país acolledor e cando
regresa ao seu país natal quedan trazos e experiencias novas. A emigración deixa pegadas. O
intercambio pode ser unha oportunidade para a xente de ambos os dous países. Segundo Neira
Vilas a emigración cara Cuba reflectiuse tamén en Galicia. Un exemplo, no ámbito de ensino,
é que o “80 % das 310 escuelas creadas en Galicia entre 1905 y 1930 fueron financiadas por
emigrantes en Cuba” (Neira Vilas, X., 2011) [6].
O exemplo dos emigrantes galegos en Cuba demostra que o non estar no país de orixe pode
brindar outras oportunidades para conservar e evolucionar a lingua propia, chegando incluso a
12
adquirir máis prestixio que no propio país de orixe. Ademais da lingua, outros valores
culturais (como a literatura, a musica, cine ou teatro) poden obter unha mellor reputación e
posibilidades máis amplas de conservación. O intercambio migratorio brinda oportunidade da
influencia cultural mutua que supón o dar e recibir.
Na actualidade, unha poboación con máis mobilidade e dispersa polos diferentes países pode
aproveitar as posibilidades dos medios de comunicación electrónica, os medios e redes sociais
electrónicos (p.e. “facebook”, “blogs” e “twitter”) para utilizar a lingua propia aínda estando
lonxe do país propio.
Nos últimos séculos o galego tivo a posibilidade en Cuba que a xente utilizou a fala pero a
forma escrita foi un progreso. Hoxe o mesmo progreso técnico pode ser para a lingua o gran
éxito dos medios da comunicación electrónica. De todas formas o máis importante e o ensino
e utilización da lingua sexa dentro ou fóra do país de orixe. A familia xoga un papel
fundamental. A lingua dos cativos é un gran que se sementa. Isto é preciso para evitar a perda
da lingua e non só do galego, senón tamén de todas as linguas de poucos falantes.
7. Conclusión
A migración, que é un tema amplo e complexo, ten sempre diversas perspectivas “as de acá e
as de aló”. Ás veces non é só unha necesidade, senón que pode ser unha oportunidade. Da
emigración masiva galega cara Cuba quedaron pegadas galegas e cubanas. O enriquecemento
desta migración mostrase no intercambio cultural aínda existente entre Cuba e Galicia.
“Coa emigración, Galicia tivo e ten unha gran perda económica, mentres que humana e espiritualmente,
agrandouse o seu ámbito. Como realidade humana e espiritual, o pobo galego afinca en varios países. O
núcleo que vive fora de seu país constitúe una forza social espiritual de gran dinamismo e eficacia, de
tal xeito que ela é, de seu, unha dimensión específica de Galicia” (Ramón Piñeiro, 1956).
Con estas frases de Ramón Piñeiro introduce Rodríguez Galdo o seu libro “Galicia, país de
emigración“ (Rodríguez Galdo, M. X., 1993: 7), e con estas frases que seguen tendo
actualidade a comezos do século XXI quero rematar este traballo.
13
8. Bibliografía
Calduch Cervera, R. La emigración a Iberoamécrica y la política exterior española (1898-1975) en Españoles en ambas
orillas, Emigración y concordia social, Escudero J. A. (Coord.), Sociedad Estatal Lisboa 98, Madrid 1998
(p. 225-226)
Del Río Iglesias, Ma. Irene (2000), Memorias da Asociación iniciadora e protectora da Academia Galega durante a
presidencia de Manuel Curros Eniquez, en Actas do VI Congreso Internacional de Estudios Galegos, Un Século de
Estudos Galegos Galicia fóra de Galicia, Edita: Ediciós do Castro, Publicacions do Centro de Documentación de
Galicia da Universidade de Trier, 2000 (p. 1025)
Eiras Roel A., (1998): “La corriente emigratoria de la sociedad industrial“ en Españoles en ambas orillas, Emigración
y concordia social, Escudero, J. A. (Coord.), Sociedad Estatal Lisboa 98, Madrid 1998 (p. 86)
Gonzalez Lopez, E., (1980): Biblioteca Gallega (Serie Nova), Director: Santiago Rey Fernandez-Latorre, Editorial la Voz de
Galicia, S.A., La Coruña, (p. 737)
Magariños, A., (1999) A emigración. A modernización e cambio social na Galicia contemporanea: 1900–1936, Santiago de
Compostella, Laiovento, (p. 181)
Mariño Paz, R. (1998) Historia da lingua galega, Colección Estudios e Investigacións Serie Maior, Sotelo Blanco Edicións,
S.L., Santiago de Compostela, (p. 13)
MacDonald, J. y L. MacDonald, (1964) Chain Migration, Ethnic Neighbourhood Formation and Social Networks, The
Milbank Memorial Fund Quartely, 42,(1): (p. 82)
Neira Vilas, X., (1995) A Lingua Galega en Cuba, Colección de Linguística, Consello da Cultura Galega,Vigo (p. 7)
Neira Vilas, X., (1985) A Prensa galega de Cuba, Ediciós do Castro, Documentos para a historia contemporánea de Galicia,
O Castro (p. 11, 31-99)
Neira Vilas, X., (2000) „Presencia da lingua galega na illa de Cuba“, en Galicia – Cuba: Un patrimonio cultural de
referencias y confluencias. Edicios do Castro, Sada. A Coruña (p. 119-122)
Pallares, C., H. Portela, P. Saavedra, X. Castro, (1998) Atlas histórico de Galicia, Edicións Nigra Trea S.L., Vigo,
Pontevedra (p. 112)
Rodríguez Galdo, M. X. (1993): Galicia, país de emigración. La emigración gallega a América hasta 1930. Gijón:
Archivo de Indianos (p. 25, 39, 45,48 e 69)
Rueda, G., (1998): „ Españoles en Norteamérica“, en Españoles en ambas orillas, Emigración y concordia social, Escudero
J. A. (Coord.), Sociedad Estatal Lisboa 98, Madrid 1998 (p. 103)
Somoza de Monsoriú, F. (1775): Estorbos y remedios de la riqueza en Galicia. Santiago. (p. 13, 40)
Vidal Rodríguez, J. A. (2005) La emigración gallega a Cuba: Trayectos migratorios, Insecion y mobilidad laboral,
1898-1968, Colección Biblioteca de Historia de América: 36, Moreno, A. (Editor), Consejo superior de
investigaciones científicas, Madrid (p. 22, 160, 391 e 395)
Vidal Rodríguez, J. A. (2008) A Galicia Antillan: Formación e destrución da identidade galega en Cuba,
1899-1968, Collección Galicia Exterior, Fundación Pedro Barríe de la Maza (p. 16, 18, 25, 113)
8.1. Fontes páxinas web
[1] Alvarez, I. (1976): Diálogo con Xosé Neira Vilas, el escritor más humano y vital de la “Nova Narrativa Galega” [Fonte:
Revista Unión, La Habana]
http://www.aelg.org/Centrodoc/GetParatextById.do?id=paratext245 (25.07.2012)
[2] Valentín Vázquez de Prada Vallejo, Juan Basca Amores Carredano, La emigración de Navarros y Vascongados al Nuevo
Mundo y su repercusión en las comunidades de origen (p. 135-137), en La emigración española a Ultramar, 1492-1914,
Editor: Eiras Roel, Antonio, tabapress, Grupo Tabacalera
http://www.ehu.es/bosco.amores/publicaciones/010emigracion_navarros_vascongados_Nuevo_mundo_repercusion_comunid
ades_origen.pdf (25.07.2012)
[3] Pedone, Claudia, Universidad Autónoma de Barcelona, El potencial del análisis de las cadenas y redes migratorias en las
migraciones en las migraciones internacionales contemporáneas. (p. 5)
http://www.biblioteca.cij.gob.mx/Archivos/Materiales_de_consulta/Migracion/Articulos/redes_migratorias.pdf (06.09.12)
Somoza de Monsoriú, F., (1775) (p. 13, 40)
14
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.cmd?id=3387 (06.09.2012)
[4], [6] farodevigo.es >>portada de Aousa
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2011/02/22/cuba-galicia-decadas-simbiosis/520686.html (28.07.2012)
[5] La Habana para un exiliado gallego: Manuel Curros Enriquez, La Terra Gallega y la modernidad nacional transatlantica
Bermúdez, Silvia, MLN, Vol. 117, No. 2, Hispanic Issue (Mar., 2002), pp. 331-342
Published by: The Johns Hopkins University Press ,Article Stable URL: http://www.jstor.org/stable/3251657
8.2. Páxinas web
http://www.cubaliteraria.com/articulo.php?idarticulo=8388&idseccion=35 (26.07.12)
http://www.aelg.org/Centrodoc/GetParatextById.do?id=paratext245 (26.07.12)
http://galiciaonline84.blogspot.de/2010_05_01_archive.html (01.09.2012)
http://www.usc.es/ante/?page_id=80&langswitch_lang=gl (01.09.2012)
http://www.realacademiagalega.org/dicionario/ (05.10.2012)
Bermúdez, Silvia (2011 [2002]). “La Habana para un exiliado gallego: Manuel Curros Enríquez, La Tierra Gallega y la
modernidad nacional transatlántica”. Modern Language Notes: 117 (2), 331-342. Reedición en poesiagalega.org. Arquivo de
poéticas contemporáneas na cultura. <http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/175>.
http://www.google.de/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=3&ved=0CDcQFjAC&url=http%3A%2F%2Fwww.poe
siagalega.org%2Fuploads%2Fmedia%2Fbermudez_2002_curros.pdf&ei=JnduULmCB5DJsgbz64HIDw&usg=AFQjCNGef1
QE62iDEPDzP69DxIXcujvOVg (30.07.2012)
Published by: The Johns Hopkins University Press Stable URL: Accessed: 05/01/2011 07:26
http://www.jstor.org/stable/3251657
Stanková, Eva (2012 [2006]). “La emigración gallega a Cuba a principios del siglo XX“
STAŇKOVÁ, Eva. \textit{La emigración gallega a Cuba a principios del siglo XX} [online]. 2006 [cit. 2012-10-01].
Bakalářská práce. Masarykova univerzita, Filozofická fakulta. Vedoucí práce Athena Alchazidu. Dostupné z:
<http://is.muni.cz/th/64833/ff_b/>.
https://is.muni.cz/th/64833/ff_b?info=1;zpet=%252Fvyhledavani%252F%253Fsearch%253DGalicia%20Cuba%2526start%2
53D1 (29.07.2012)
Vidal Rodríguez, J. A. (2006): Cadenas migratorias locales, nichos laborales y empresariales en el colectivo gallego de Cuba:
1899-1959 (p. 198)
http://revistas.ucm.es/ghi/11328312/articulos/RCHA0606110197A.PDF (21.08.2012)
http://patrimoniomusicalgalego.blogspot.de/2011/05/el-tema-de-la-emigracion-en-los.html (27.07.2012)
La Prensa de España, Cuba, Puerto Rico y Filipinas y las Guerras de la Independencia (1868-1898)
http://pendientedemigracion.ucm.es/info/cecal/encuentr/areas/historia/3h/prescuba.htm (21.08.12
- Sección: Lectura, Noticias, Otros, Varios
- Publicado el 27 diciembre 2014
- Por Moncho
Isabel Gundín Antúnez-Engels. Sobre la emigración
Comparte esta noticia:
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir