Do fútbol [como escusa]
O presidente da FIFA fai unhas declaracións reaccionarias, populistas e vergoñentas nas que, para defender o mundial de fútbol en Qatar e criticar as posibles protestas dalgunhas seleccións de fútbol contra o réxime ditatorial qatarí, escúdase nas barbaridades cometidas no pasado polo colonialismo occidental, práctica cada vez máis frecuente entre gobernantes autoritarios e iliberais de todo o mundo mundial, e mesmo entre políticos pretendidamente demócratas. Os Gobernos das democracias liberais calan. Tamén as