INGLÉS
Leo nos xornais que o novo alcalde de Compostela vai discriminar positivamente a todos aqueles negocios que rotulen os seus locais en galego. Sen dúbida é unha solución menos inxusta ca catalana onde se multa a todos aqueles negocios que non empreguen o catalán para anunciar os seus locais, pero nos dous casos, non deixa de ser unha intromisión en asuntos que deberían deixarse en mans dos propietarios por moito que nos poidan alporizar