ESCENAS NO CAFÉ. 1.CALADO
Eran catro homes maduros os que falaban na mesa do café a carón da miña. Un deles, máis que falar, esbardallaba abafando coa súa leria fachendosa aos demais que pouco máis podían facer que coidar das súas copas de viño que os amplos xestos cos que emisor de berros acompañaba a súa oratoria, ameazaba. Nun momento do rodopío, o esbardallador interpelou a un dos abafados que, calado, non participara nin na “conversa” nin intentara