..."El habitáculo del hombre puede ser representado por una esfera cortada ecuatorialmente por el plano de la tierra, la semisfera enterrada se usará para el descanso, inactividad, reposición de fuerzas y del pensamiento; la semiesfera por encima del plano 0 será dónde el hombre desarrolla su actividad, dónde desarrolla lo pensado. De materiales pétreos, terrosos, la primera; transparente, de cristal, la segunda".
• Salon
Rincón de traballo e biblioteca, tan esencial como complemento da contemplación da naturaleza.
Na planta superior o salón, que coincide coa vista más lonxana e a maior apertura; ao longo de esta fachada faise un banco, moble que invita a sentarse e observala paixase a carón de vidro, tan agradable en días de chuvia.
Na planta de arriba tiña que estar tamén a cocina, orientada a Este, para o almorzo; ademáis, a saída directa a finca beneficia o seu funcionamento; o falso teito de madeira sobre a cociña e o pequeno aseo permite seguri apreciando dende o salón o gran volume baixo a cuberta a catro augas de xeito unitario, inmenso.
O recollido queda nos dormitorios, arroupados por muros que te protexen e á vez acollen, como un toco, como o niño, creando os espacios de ensoñación, do repouso, os lugares ónde nacen as ideas; o desenrolo cotiá nas súas zonas comúns, os espacios de relación, da acción, ese "primer universo" dende ónde observas o mundo exterior sentíndote protexido.
E pola noite baixase a durmir, a descansar, a soñar, entre muros de pedra, pisos de barro, aperturas, xa controladas, a ras de terra, cerramento de madeira para a noite, a noite apegada ao terreo, as raíces.
A idea se desenrola de forma clara: o día e a noite, o público e íntimo, a acción e a reflexión, a visión completa do mundo e o seu total ocultamente. Unha casa dednde a que vivir.
Cando vin por vez primeira a palleira, da seguida veu a idea á cabeza; abaixo, medio soterrados, aqueles enormes muros; enriba, sobre eles, a impresionante vista deo bosque e os montes al lonxe, un dominio total sobre a paixase a ao tempo a fusión completa con este, unha inmersión; evidentemente ese había de selo lugar do salon.